Boletíns de AGaEQ
Xuño-2008: Boletín No. 9 (PDF)
No Boletín presentanse a histórica convocatoria da Asemblea Xeral Constituínte do COEQGa así como a nova web do Colexio recentemente activada. Faise tamén mención á participación da AGaEQ na asemblea da Federación Española e infórmase da creación da Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñería Química de España.
Marzo-2008: Boletín No. 8 (PDF)
Neste boletín detállase o resultado da concentración de Madrid na que centos de EQs de toda España reivindicamos a regulación da nosa profesión.
Trala recente aprobación do Colexio Ofcial de Enxeñeiros Químicos de Galicia, neste boletín inclúese un repaso histórico de tódolos pasos dados durante estes largos anos para acadalo, inivitámosvos a botarlle un vistazo.
Estamos de estrea do novo formato do boletín. Esperamos que axude a dinamizalo e animarvos a participar.
No primeiro boletín da asociación neste ano 2007, informase sobre os pasos superados e os derradeiros pasos necesarios para a aprobación do COEQGa do que xa esta redactada a proposta de Lei na Xunta. Este número inclúe un excelente monográfico sobre o gas natural en España, contribución dun socio de AGaEQ e que agradecemos moito. O final atópase unha entrevista ó expresidente de AGaEQ e de FEIQ, D. Antonio Cuevas que nos fala, entre outras cousas, dos seus puntos de vista acerca da nosa profesión.
Ve a luz o derradeiro boletín deste ano 2006, un ano de gran importancia para AGaEQ e para a profesión de EQ, no que se iniciou formalemente o proceso de creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Químicos de Galicia.
No terceiro número do boletín da Asociación inclúense noticias, información sobre o proceso de colexiación e un resumo extenso sobre os Congresos de Enxeñería Química.
Ve a luz o segundo número do boletín da Asociación con novidades da profesión e para os asociados.
Primeiro número do que será o boletín da Asociación que periódicamente verá a luz coas máis importantes novidades para a profesión e os asociados. Esperamos sexa de utilidade para todos.